miércoles, 11 de noviembre de 2009

IV. PRÁCTICAS SOBRE DESEÑO E ELABORACIÓN DE MATERIAL DE APOIO Ó LABOR DOCENTE CON PUBLISHER E APLICACIÓNS WEB 2.0

PRESENTACIÓN:
Con esta práctica familiarizámonos con algunhas ferramentas como o programa Publisher para a creación de material cun formato final impreso (tipo cartelería) ou a elaboración de páxinas web; e aplicacións da web 2.0, en concreto, o blog e as posibilidades de Google Docs. Así, coñecemos outras ferramentas que facilitan a construcción de materiais didácticos propios para o seu uso en Educación Infantil así como para a colaboración, diálogo entre centros, entre compañeiros, entre familia e escola, etc.
Tomando como referencia o currículo da Educación Infantil e as áreas e contidos establecidos nel, trátase de:

OBXECTIVOS:
1) Coñecer e explorar a aplicación Publisher para deseñar materiais didácticos.
2) Coñecer e explorar a aplicación Blogger para deseñar un blog como material didáctico ou titorial.
3) Coñecer e explorar a aplicación Google Docs para publicar documentos e traballar colaborativamente.

TAREFAS:
1)
Familiarizate coa aplicación Publisher, atendendo ás explicacións da profesora ou realizando o curso Publisher (http://www.aulaclic.es/publisher/index.htm).
2)
Abre un documento Word (que levará por nome “anotacions”) para realizar o esquema do traballo co Publisher, xustificando a elección de 2 publicacións impresas ou web: qué vas realizar (a modo de dípticos, trípticos ou cartelería: Boletín/Folleto de información/ Catálogo de produtos/ Diplomas/ Postais/ Tarxetas de invitación/ Pancarta/ Póster…), para qué, quen son os destinatarios (alumnado, profesorado, pais e nais), o contido que terá (imaxes e texto) e a distribución de elementos…Estas publicacións versarán, a ser posible, sobre a temática na que vés traballando na materia. Ao terminar, garda o documento “anotacions” na túa carpeta de prácticas en formato .doc e .pdf.
3)
Crea as 2 publicacións seguindo as indicacións da plantilla correspondente. Cando termines, garda o producto na túa carpeta da práctica en formato .pub e .pdf cada unha delas.
4)
Familiarizate coas aplicación Google Docs e Blogger, atendendo ás explicacións da profesora.
5)
Sube e fai públicos en Google Docs os pdf creados nas tarefas 2 e 3. A url obtida en cada arquivo gárdaa no bloc de notas.
6)
Crea o teu propio blog e xa podes escribir alomenos una entrada onde:
Título:
practica 4
Corpo da entrada:
- Incluirá as 3 urls obtidas ao publicar as tarefas 2 e 3.
- Responder ás seguintes ás seguintes cuestións de autoavaliación:
a. Como afrontaches a resolución da práctica?, con que problemas te atopaches?, como os solucionaches?
b. En xeral, pareceuche interesante a práctica?, cres que podes aplicar o traballado na túa futura actividade profesional?, consideras que debería estar no programa da materia nos próximos anos?
- Etiqueta:
prácticas
7)
Accede ao blog http://nntt2009-10.blogspot.com/ e envíame a dirección do teu blog (url) por medio dun comentario na entrada IV. PRÁCTICAS SOBRE DESEÑO E ELABORACIÓN DE MATERIAL DE APOIO Ó LABOR DOCENTE CON PUBLISHER.


INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN:
Haber enviádome a dirección do teu blog (url) por medio dun comentario na entrada da PRACTICA (http://nntt2009-10.blogspot.com/). Así, poderei acceder ao teu blog onde terás una entrada cos respectivos enlaces ou hipervínculos ás tarefas 2 (documento Word) e 3 (documentos Publisher) así como respondido ás cuestións de autoavaliación sinaladas.