PRESENTACIÓN:
Con esta práctica familiarizámonos con algunhas ferramentas como o programa Publisher para a creación de material cun formato final impreso (tipo cartelería) ou a elaboración de páxinas web; e aplicacións da web 2.0, en concreto, o blog e as posibilidades de Google Docs. Así, coñecemos outras ferramentas que facilitan a construcción de materiais didácticos propios para o seu uso en Educación Infantil así como para a colaboración, diálogo entre centros, entre compañeiros, entre familia e escola, etc.
Tomando como referencia o currículo da Educación Infantil e as áreas e contidos establecidos nel, trátase de:
OBXECTIVOS:
1) Coñecer e explorar a aplicación Publisher para deseñar materiais didácticos.
2) Coñecer e explorar a aplicación Blogger para deseñar un blog como material didáctico ou titorial.
3) Coñecer e explorar a aplicación Google Docs para publicar documentos e traballar colaborativamente.
TAREFAS:
1) Familiarizate coa aplicación Publisher, atendendo ás explicacións da profesora ou realizando o curso Publisher (http://www.aulaclic.es/publisher/index.htm).
2) Abre un documento Word (que levará por nome “anotacions”) para realizar o esquema do traballo co Publisher, xustificando a elección de 2 publicacións impresas ou web: qué vas realizar (a modo de dípticos, trípticos ou cartelería: Boletín/Folleto de información/ Catálogo de produtos/ Diplomas/ Postais/ Tarxetas de invitación/ Pancarta/ Póster…), para qué, quen son os destinatarios (alumnado, profesorado, pais e nais), o contido que terá (imaxes e texto) e a distribución de elementos…Estas publicacións versarán, a ser posible, sobre a temática na que vés traballando na materia. Ao terminar, garda o documento “anotacions” na túa carpeta de prácticas en formato .doc e .pdf.
3) Crea as 2 publicacións seguindo as indicacións da plantilla correspondente. Cando termines, garda o producto na túa carpeta da práctica en formato .pub e .pdf cada unha delas.
4) Familiarizate coas aplicación Google Docs e Blogger, atendendo ás explicacións da profesora.
5) Sube e fai públicos en Google Docs os pdf creados nas tarefas 2 e 3. A url obtida en cada arquivo gárdaa no bloc de notas.
6) Crea o teu propio blog e xa podes escribir alomenos una entrada onde:
Título: practica 4
Corpo da entrada:
- Incluirá as 3 urls obtidas ao publicar as tarefas 2 e 3.
- Responder ás seguintes ás seguintes cuestións de autoavaliación:
a. Como afrontaches a resolución da práctica?, con que problemas te atopaches?, como os solucionaches?
b. En xeral, pareceuche interesante a práctica?, cres que podes aplicar o traballado na túa futura actividade profesional?, consideras que debería estar no programa da materia nos próximos anos?
- Etiqueta: prácticas
7) Accede ao blog http://nntt2009-10.blogspot.com/ e envíame a dirección do teu blog (url) por medio dun comentario na entrada IV. PRÁCTICAS SOBRE DESEÑO E ELABORACIÓN DE MATERIAL DE APOIO Ó LABOR DOCENTE CON PUBLISHER.
INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN:
Haber enviádome a dirección do teu blog (url) por medio dun comentario na entrada da PRACTICA (http://nntt2009-10.blogspot.com/). Así, poderei acceder ao teu blog onde terás una entrada cos respectivos enlaces ou hipervínculos ás tarefas 2 (documento Word) e 3 (documentos Publisher) así como respondido ás cuestións de autoavaliación sinaladas.
Mostrando entradas con la etiqueta practicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta practicas. Mostrar todas las entradas
miércoles, 11 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)